Información Extra
O libro de Lingua e Literatura Galega 4º ESO, malia compartir as características xerais dos anteriores, presenta lixeiras modificacións para adaptarse ás especifidades do curso, a medio camiño entre a ESO e o Bacharelato; preténdese tamén que sirva de axuda para preparar ao alumnado para as probas de avaliación de fin de Ciclo. É por iso que se organiza en 15 unidades e non en 12 como os anteriores, cos contidos de Literatura agrupados nas unidades 13, 14 e 15 (principios do século XX, posguerra e literatura actual) á fin de, por un lado, facilitar a explicación das relacións entre correntes e autores/as e, por outro, permitir unha mellor comprensión da evolución da literatura galega contemporánea. O obxectivo fundamental é promover no alumnado a visión da literatura como sistema e non como listaxe de obras, etapas e autores/as aillados/as. Alén disto, tanto os principais períodos literarios como os/as escritores/as máis destacados/as acompañados/as dunha antoloxía representativa que permite profundar na comprensión textual e na caracterización social e estética da obra literaria.